O Seminario de Estudos Redondeláns SEREN presenta este venres o seu Boletín Nº 8 no Multiúsos da Xunqueira. Trátase dun traballo que recolle unha serie de artigos sobre temas culturais, históricos, patrimoniais e lingüísticos de Redondela. O historiador Xosé Carlos Valle Pérez, autor do Limiar deste boletín, participará no acto cunha disertación. Calle Pérez, doutor en Historia da Arte, é o presidente de honra da Confederación Española de Centros de Estudos Locais, e foi director da Casa Museo de Rosalía de Castro e do Museo Provincial de Pontevedra. A cita é ás 19.30 horas con entrada libre ata completar o aforo.