As fermosas alfombras florais, os xigantes e cabezudos e o propio monstro da Coca fixeron as delicias de grandes e pequenos polas rúas de Redondela. Ao son da Banda de Música de Redondela a veciñanza gozou da súa festas máis tradicionais, que venceu á pandemia. O bo tempo, que acompañou nunha xornada festiva, animou á veciñanza a gozar destas festas. Tan só faltaron as danzas das Espadas e as Penlas, que por mor das restricións da Covilhã non puideron prepararse este ano. Hoxe a programación está dedicada ao público infantil e familiar co concerto de Uxía Lambona, ás 19.00 na Alameda Castelao. Mañá sábado, día 5, o pasarrúas será a cargo da Banda de Música de Arcade desde as 11.00, cun concerto na Alameda Castelao ás 13.00 horas. A cantante e actriz Sabela Cereijo ofrecerá un concerto tamén na Alameda Castelao ás 20.00 horas. Alonso, concelleira de Eventos, explica que se trata dunha programación “diferente, marcada pola situación de pandemia”, e advirte que nos concertos haberá aforo limitado e distancia de seguridade. Confía en que a evolución da situación sanitaria permita o próximo ano “facer unhas Festas da Coca como Redondela merece”.
As actividades rematarán o domingo coa mostra de alfombras florais nas rúas de Vilavella. Ás 11.00 horas a Banda de Música de Chapela fará o pasarrúas e pola tarde ofrecerá un concerto na Alameda Castelao, ás 19.00 horas. Ás 11.30 sairán polas rúas da vila os xigantes e cabezudos acompañados da banda de gaitas o Carballo das Cen Pólas.