Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CIM de Redondela reforza o seu servizo coa contratación dunha avogada

ServizosSociais8marzo

O Centro de Información á Muller de Redondela vén de reforzar o seu servizo de atención ás usuarias coa contratación dunha avogada que se incorporou ao CIM o pasado 1 de xuño. A alcaldesa e concelleira de Servizos Sociais, Digna Rivas, recoñece o atraso no proceso de contratación derivado “da complexidade dos trámites administrativos a realizar e dos tempos que marca a administración para este tipo de procesos, que están moi lonxe de ser os idóneos”. En todo caso, e segundo os informes elaborados polo propio CIM, no tempo en que o servizo careceu dunha letrada asignado ao mesmo “todas as usuarias que demandaron asesoramento xurídico foron debidamente atendidas”. De feito as mulleres que solicitaron este tipo de axuda contaron, en todo momento, coa guía das dúas técnicas do servizo (axente de igualdade e psicóloga) que, en caso de dúbida contactaron cos organismos pertinentes como é o caso do Colexio de Avogados de Vigo, Instituto Galego da Vivenda e Solo e Secretaría Xeral de Igualdade entre outros. Do informe conclúese que “a totalidade das consultas dirixidas ao servizo de asesoramento xurídico, foron atendidas e respondidas”. “O feito que non se incorporara antes unha avogada –explica Digna Rivas– non foi debido á deixamento senón que, de non realizar os trámites tal e como marcan as normas e respectar os tempos, estariamos incorrendo nun delito de prevaricación”. Por último, Rivas lembrou a necesidade de “ser cautelosos” á hora de facer “valoracións apresuradas” sobre un servizo que precisa dunha extrema discreción “dada a sensibilidade dos casos que se tratan e da situación na que se atopan moitas mulleres que buscan axuda no CIM”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará