Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os escolares de Soutomaior celebran o Día do Medio Ambiente plantando árbores

ColesMedio

Soutomaior súmase á campaña “Unha árbore por Europa” a través da plantación de varios exemplares en colaboración cos alumnos de todos os centros de educación pública do municipio. A iniciativa xorde da petición do Parlamento Europeo aos Concellos participantes de plantar, polo menos, unha árbore en cada localidade e conmemorar o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. Para estas plantacións o Concello adquiriu sete árbores que foron colocados en diversos puntos do municipio xa que non todos os centros dispuñan do espazo apropiado nas súas instalacións. Acompañados por técnicos municipais, os alumnos da Escola Infantil de Romariz plantaron un no xardín traseiro da Casa do Concello, e os da Galiña Azul fixérono no Peirao de Arcade. Do mesmo xeito, os alumnos do IES Soutomaior e do CEIP Padín Truiteiro fixérono nos seus propios centros. A campaña “Unha árbore por Europa” ten como obxectivo promover a sustentabilidade local a través dos mozos potenciando neles conceptos de desenvolvemento sustentable, de respecto polo medio ambiente e de conciencia global. Pon o acento na necesidade urxente de tomar accións concretas para realizar unha correcta transición ecolóxica e poder combater a emerxencia climática mediante accións locais que supoñan un cambio a nivel global.

Os escolares de Pazos de Borbén aprenden sobre os perigos dos plásticos

Máis de 30 alumnos de primaria de Pazos de Borbén participaron nun taller interactivo sobre os problemas que o uso inadecuado dos plásticos ocasiona nas persoas e no medioambiente. A iniciativa estaba impulsada pola Concellaría de Educación do Concello de Pazos de Borbén con motivo do Día Internacional do Medio Ambiente. A actividade comezou cunha charla no auditorio da Casa do Concello onde se introduciu aos pequenos no mundo do plástico expondo as súas virtudes, os seus defectos e os problemas que ocasiona a expansión dos microplásticos ao medio ambiente e ás persoas. A segunda parte da actividade consistía nun taller práctica sobe a identificación dos diferentes tipos de plástico de consumo diario. Ademais, a través dunha trituradora e unha maquina inxectora os pequenos aprenderon a transformar o plástico reciclado en novos obxectos dándolles unha nova vida e evitando o seu desfeito.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará