Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Amelia Tiganus presenta en Redondela “Historia de una lucha”

AmeliaPaxaretas

O auditorio da Xunqueira acolle esta tarde ás 20.00 horas a presentación do libro de banda deseñada “Historia de una lucha”, de Amelia Tiganus, organizado pola Asemblea Feminista Paxaretas. A obra, inspirada inspirada na propia vida desta activista e supervivente de trata “recolle unha fonda análise do sistema da prostitución e repasa as formas de proceder dos proxenetas e puteiros, así como a escravitude á que son sometidas milleiros de mulleres neste país”, explican desde Paxaretas. Amelia Tiganus, nada en 1984 en Galati (Romanía), vive actualmente en Euskadi, tras ser explotada sexualmente durante cinco años en varios prostíbulos españois.

O acto conta con aforo limitado polos protocolos Covid, e as 90 prazas dispoñibles están xa esgotadas. Con todo, desde a asociación Paxaretas animan a todos os interesados no libro a pasar polo Multiúsos antes ou despois do evento para mercar un exemplar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará