Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP apoia a continuidade das traballadoras do servizo de limpeza municipal

PAvillon

Este servizo encárgase da limpeza de edificios municipais como os pavillóns e colexios

O Partido Popular de Redondela ofreceu o seu apoio ao goberno local para garantir a limpeza dos edificios públicos “e especialmente a continuidade das 37 traballadoras da empresa concesionaria” que poderían perder os seus empregos o 30 de xuño, cando remata a actual concesión. Este servizo é o que se encarga da limpeza de edificios municipais como as oficinas administrativas, pero tamén os pavillóns e colexios do municipio. A falta de acordo cos grupos da oposición impediu ata o de agora que o goberno local puidese licitar un novo contrato. Agora a alcaldesa, Digna Rivas, convocou a Comisión de Interior para poder renovar o contrato coa empresa actual, tal como demandaban os populares. A voceira do PP, Carmen Amoedo, anunciou que o seu grupo apoiará a prórroga “mentres o Concello non estude e elabore unha alternativa viable”.

Amoedo denunciara antes do último pleno da corporación a “chantaxe” da alcaldesa Digna Rivas ao impoñer na sesión “que se debatese e votase, de maneira conxunta, a obriga da actual empresa de seguir prestando o servizo e a aprobación dun novo prego de condicións que non conta co apoio

da oposición”. A voceira popular lembra que PSOE, AER e BNG acordaron “a remunicipalización dos servizos de Concello, pero foron incapaces de alcanzar un acordo”.

No pleno do mes de maio o goberno local propuxo o contrato dunha empresa de limpeza cun orzamento de 2,3 millóns de euros para dous anos , co compromiso de remunicipalizar o servizo parcialmente a partir de 2023. A proposta foi rexeitada pola maioría dos votos da oposición de PP e BNG.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará