Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preocupación polo uso de herbicidas na limpeza do Aeroporto de Vigo

Herbicidas

O BNG fala dun “posible atentado contra a saúde, ao empregarse estes produtos a escasos metros dunha fonte pública na parroquia de Vilar”. O uso de herbicidas para a limpeza de parte da cabeceira norte do Aeroporto de Vigo, en Redondela, constitúe para a organización nacionalista un feito “de extrema gravidade”. O concelleiro Xoán Carlos González insta ao Concello a abrir un expediente “para depurar responsabilidades”. A problemática afecta igualmente á cabeceira sur en Mos. O voceiro nacionalista, considera que “se trata dunha actuación que mesmo pode atentar contra a saúde pública pois a escasos metros de onde aplicaron herbicidas, sitúase a Fonte da Lata, na parroquia de Vilar. Deste manancial beben diariamente ducias de veciños e veciñas, e mesmo xente doutras parroquias”.

Segundo explica, a limpeza dos terreos do aeroporto, en Redondela, é máis que deficiente. Grande parte da maleza invade mesmo vías, chegando a ocultar algúns sinais de tráfico. Para o edil nacionalista, as administracións públicas deben dar exemplo “mantendo as súas propiedades en correctas condicións, mais iso non as exime de ser respectuosas co medio ambiente”.

Medio Ambiente pide á veciñanza que non consuma auga da Fonte da Lata

Por precaución, o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela xa sinalizou como auga “non apta para o consumo humano” a Fonte da Lata na parroquia de Vilar de Infesta. Esta medida tomouse despois de que un operario municipal dera aviso de que no peche metálico e noiros do aeroporto “a herba tiña síntomas de ser queimada con herbicidas nas proximidades da Fonte da Lata”. A concellería deu orde de apertura de expediente de investigación ambiental “para esclarecer os feitos”. O Concello ten programada unha recollida de mostras o vindeiro martes, día 15, na Fonte da Lata para realizar unha análise das augas. “Ata que se reciban os resultados do laboratorio e se teñan todas as garantías a Fonte da Lata continuará coa sinalización de auga non apta para o consumo humano”, sinala o concelleiro Roberto Villar. O edil advirte que se investigará esta situación “con rigor e contundencia, pois pode estar en risco a saúde pública”. Villar deu tamén aviso á Asociación de Veciños de Vilar da situación. O responsable de Medio Ambiente lamenta esta situación e recorda os responsables do Aeroporto que Redondela foi declarado no ano 2012 “Concello Libre de Herbicidas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará