Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Duendeneta chega a Redondela coa música feita en Galicia

duendeneta

Dentro da xira de “Os Camiños das Músicas Galegas”, esta tarde estaciona en Redondela A Duendeneta. Unha proposta musical itinerante a cargo de Carlos Crespo, que fará un percorrido pola música feita en galego, tanto actual como da historia recente. O crítico musical fará o seu particular programa de radio no que repasará desde os pioneiros do pop ata a música tradicional, o rock, hip hop ou blues feitos en galego. Soarán artistas como Xoel López, Guadi Galego, Sés, Os Resentidos, Mercedes Peón, Tanxugueiras, Heredeiros da Crus, Uxía, Siniestro Total, Dakidarría, Andrés Dobarro, Dios Ke Te Crew e moitos máis. A cita é ás 19.30 na praza do Concello.

A sesión combina a selección musical con comentarios nos que se van subliñando os datos fundamentais para que os asistentes poidan disfrutar e entender cada época e os fitos musicais máis destacados que teñan acontecido nelas, con especial atención a estas últimas décadas. Como complemento entregaráselles un folleto con información e un código QR para que poidan escoitar unha lista de reprodución con todos os artistas e as cancións que soaron na sesión. O obxectivo é que os peregrinos fagan as etapas dos seguintes días escoitando música en galego.

A Duendeneta está a facer un percorrido polos diferentes Camiños de Santiago, co obxectivo de amosar a peregrinos e veciños “unha mostra da riqueza, variedade e calidade que ofrece a música feita en Galicia”. O proxecto está enmarcado dentro da programación do Xacobeo e conta coa colaboración da Fundación A Caixa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará