Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As protestas polos incumprimentos na AP-9 escóitanse en Pontevedra

ManiPonte

Ducias de veciños de Chapela e Teis levaron onte a Pontevedra as súas reivindicacións sobre a autoestrada. Levan meses agardando por unha xuntanza co delegado do Goberno en Galicia. Ante a falta de resposta por parte de Manuel Miñones, os colectivos veciñais decidiron trasladar as súas protestas á capital da provincia. Na mañá de onte concentráronse ante a Demarcación de Estradas e tamén ante o edificio da Subdelegación do Goberno. Esixen que o Ministerio de Transportes cumpra cos compromisos adquiridos desde hai anos coa veciñanza, como a supresión da peaxe no tramo Redondela-Vigo. Outras demandas son a instalación de pantallas acústicas para mitigar o ruído “enxordecedor” que produce a autoestrada ao seu paso por Chapela e Teis, a conversión en tramo urbano desde as Torres de Padín e a realización das obras da addenda en Chapela. Marcial Pérez, presidente da Asociación de Veciños de Chapela, lembra que estas melloras “están comprometidas polo Ministerio de Transportes e Audasa desde hai anos, pero só recibimos boas palabras e nunca feitos”. Os veciños cualifican de “burla” o comportamento do Ministerio e da empresa concesionaria “que seguen sen poñer unha data concreta para a realización das melloras”. Pérez advirte que xa non cren “ningún anuncio” e que continuarán coas protestas e as mobilizacións “ata que desaparezan as cabinas da peaxe en Rande”.

Marcial Pérez, presidente da Asociación de Veciños de Chapela
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará