Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Participación Cidadá destina 64.000 euros a axudas para asociacións e centros culturais

sociedadeLabregoREboreda

Os centros culturais de Redondela xa poden presentar as súas solicitudes para optar a subvencións para o seus gastos correntes, e as asociacións poden pedir as axudas para actividades que desenvolvan no ano 2021. O prazo está aberto ata o 19 de xullo. A liña de axudas da concellería de Participación Cidadá suma un total de 64.000 euros para estas subvencións, repartidos en 25.000 euros para actividades en xeral e 39.000 euros para gastos correntes dos centros culturais. Desde o Concello explican que, como noutros anos, as bases das subvencións sufriron modificacións “para mellorar os criterios de puntuación e facer máis equitativo e xusto o reparto das axudas entre os participantes”. Neste sentido, nas bases do 2021 as subvencións de actividades foron as que máis cambios sufriron, con novidades como, por exemplo, que a axuda non poderá ser superior a 3.000 euros por organización solicitante e non se abonará ningunha factura cuxo concepto non coincida co da solicitude. Os interesados poden consultar as bases na páxina web do Concello no apartado de subvencións ou enviar as súas dúbidas ao enderezo electrónico paricipacioncidada@redondela.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará