Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase ás concentracións para condenar o crime de Samuel

Samuel

O pai de Samuel deixou unha carta de agradecemento polo apoio recibido no lugar do crime

Asociacións LGTBIQ+ convocaron en máis de medio cento de municipios galegos concentracións para este luns ás 20.00 horas. O obxectivo é o de mostrar a denuncia e repulsa pola morte dun mozo de 24 anos logo de recibir unha malleira na madrugada do sábado na Coruña. En Redondela a concentración será diante do Concello. O suceso que motiva estas protestas tivo lugar na Avenida de Bos Aires da cidade herculina sobre as 03:00 da madrugada do sábado. Segundo as testemuñas un grupo de persoas déronlle unha malleira mortal a Samuel. Os feitos seguen baixo a investigación da Policía Nacional. Desde a Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual (ALAS) de A Coruña queren ser cautos e din que algunhas testemuñas “confirmaron que houbo berros homófobos e que será a xustiza quen dictamine se se produciron ou non”. Os colectivos LGTBIQ+ amosan a súa preocupación pola escalada de violencia que está a haber en vilas e cidades, e tamén polo acoso nas redes sociais “que vai en aumento”.

Samuel Luis Muñiz recibiu unha brutal malleira por parte de varias persoas diante dunha discoteca situada na zona do paseo marítimo, supostamente, mentres falaba con alguén por videoconferencia. O mozo foi trasladado ao CHUAC en estado crítico. Os médicos intentaron reanimalo durante preto de dúas horas, pero finalmente faleceu no hospital. A Policía Nacional asumiu a investigación do caso. Os axentes recabaron información grazas ás testemuñas, a revisión dos rexistros de clientes dos locais de ocio nocturno próximos, que son obrigatorios nos protocolos Covid, e das gravacións das cámaras de seguridade da zona para tratar de identificar as persoas implicadas no crime. Os investigadores traballan coa hipótese de que todo comezou por unha confusión. Samuel participaba nunha videochamada co móbil ao mozo dunha amiga que estaba con el. Ao pensar que estaban a ser gravados, os atacantes comezaron a agredilo en grupo sen que este puidese explicarse e defenderse. Os amigos do falecido e diversos colectivos tamén denunciaron que se trata dun crime homófobo, xa que Samuel, que traballaba como auxiliar de enfermería, era homosexual. A xuíza instrutora do caso decretou o segredo de sumario.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará