Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP fala de “inacción e parálise” nos dous anos de goberno bipartito

PPbalance

Amoedo, acompañada por concelleiros do seu grupo, fixo balance do goberno de coalición

A voceira do grupo municipal popular, Carmen Amoedo ofrece diálogo aos partidos da corporación “para buscar solucións á deriva na que está o Concello”

Amoedo, acompañado por concelleiros do seu grupo, fixo onte balance do goberno de coalición PSOE- AER. Cúmprense agora dous anos da chegada de Digna Rivas á alcaldía. Foi investida cos cos 7 votos do PSOE, 3 de AER que forma parte do goberno bipartito, e 2 do BNG. Os populares, lista máis votada con 9 concelleiros, fan unha lectura negativa da xestión municipal. Amoedo recoñece que a pandemia da Covid complicou a situación, pero advirte que o goberno local “nin sequera presentou un borrador dos orzamentos logo de dous anos”

Amoedo, acompañado por concelleiros do seu grupo, fixo balance do goberno de coalición PSOE- AER.

En materia de Servizos Sociais, área que dirixe a propia Rivas, Amoedo critica “a falta de xestión” e lamenta que malia a crise económica derivada da pandemia “tan só prestasen axudas ás familias por valor de 8.900 euros, malia ter unha partida de 100.000”. Denuncia tamén o mal funcionamento do Centro de Información á Muller “sen avogada durante máis de 9 meses” e o incremento da demora no trámite de axudas a persoas en risco de exclusión social.

Servizos de emerxencias e policía

Para os populares o máis grave é a falta de xestión nos servizos de emerxencias e policía local, onde acusa ao goberno local de “inacción”. Amoedo lembrou que o servizo de extinción de incendios SEIS non puido acudir a sufocar un lume porque os vehículos que teñen non pasaran a ITV. Recentemente deuse tamén a circunstancia de que Redondela quedou o 26 de xuño sen ningún axente de policía de servizo, ao non cubrirse baixas e vacacións, e houbo xornadas cun único axente de servizo. Esta situación levou esta semana á dimitir do seu cargo a Marta Alonso, concelleira de Interior e Seguridade. Anteriormente fora o número 2 dos socialistas, Leonardo Cabaleiro, o que presentara a súa renuncia. Para a voceira popular Alonso foi “a cabeza de turco”, e sinala que o problema de xestión non é algo puntual “senón froito da inacción do goberno que dirixe Rivas”.

Para os populares a falta de medios no servizo de emerxencias e na policía local son un grave problema

Amoedo apunta directamente á alcaldesa, que logo da renuncia de Alonso asume “o 40% das áreas de goberno do Concello”. Por iso fai un chamamento a todos os grupos da corporación “para sentarse a dialogar e lograr un consenso saque a Redondela desta parálise”. A portavoz popular sinala que está disposta “a discutir e considerar todas as opcións que acaben con este desgoberno” aínda que entre elas non contempla que Rivas siga ocupando a alcaldía.

Amoedo fai un chamamento aos grupos da corporación “para dialogar e sacar a Redondela desta parálise”.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará