Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas retira a AER a competencia sobre a limpeza de praias

RESOLUCION

O concelleiro socialista Ignacio González substituirá nesta área a Roberto Villar, de AER

Nunha resolución da alcaldía publicada onte a rexedora, Digna Rivas, retira ao concelleiro Roberto Villar a competencia sobre a limpeza de praias e medio mariño. O edil da Agrupación de Electores seguirá como responsable da área de Medio Ambiente, pero perde algunhas das súas funcións, que a partir de agora asume o socialista Ignacio González. Os cambios anunciados pola alcaldía supoñen así a ampliación das competencias de González, actual concelleiro de Deportes, e que agora suma tamén as áreas de Transición Enerxética e Medio Mariño, que inclúe a limpeza de praias e recollida e xestión das algas mariñas. Segundo a resolución Villar mantén o resto das áreas de Medio Ambiente, o saneamento e abastecemento de auga e a recollida e xestión de residuos sólidos urbanos. A decisión de Digna Rivas chega logo de semanas de críticas por parte da veciñanza sobre a xestión das algas nas praias de Redondela. A concellería de Medio Ambiente aposta por unha limpeza “baseada en criterios científicos, respectuosa coa contorna natural e que permite recuperar zonas de duna”. Malia as críticas de moitos bañistas que protestan pola acumulación de algas no areal, Villar defende esta alternativa “porque as algas non son lixo, a súa presenza na praia é necesaria para manter o ecosistema”.
Esta retirada de competencias a AER abre unha nova fenda entre os socios de goberno en Redondela. A Agrupación de Electores publicou hoxe nas súas redes sociais esta resolución da alcaldía coa que se atoparon “sen previo aviso”, e anuncian que se reunirán de urxencia “para decidir e actuar en consecuencia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará