Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela segue na pelexa

BAndeiraPErillo

A Bandeira Concello de Redondela Feminina foi para Salgado-Perillo

Dúas segundas prazas sumou a traiñeira feminina do C.R. Chapela esta fin de semana, tanto na Bandeira Concello de Redondela do sábado onde eran anfitrioas, como onte domingo na Bandeira Reganosa disputada en Mugardos. Na regata disputada en augas de Arealonga, impúxose contra todo prognóstico Salgado-Perillo, coas de Chapela en segunda posición cunha tripulación chega de suplentes. Cabo de Cruz, as favoritas, foron terceiras. Na proba de onte disputada en Mugardos os resultados foron máis acordes ao previsto: Cabo de Cruz fíxose coa III Bandeira Reganosa, seguidas de Chapela e con Tirán-Pereira en terceira posición. Cabo recupera o liderado na xeral da Liga Galga de Traiñeiras Feminina, con Chapela en segundo lugar a un punto de diferencia.

Liga Galega B

Na liga B vitoria de Narón, que se impuxo a Mugardos, anfitrións da regata disputada onte, con Cedeira en terceira posición. A continuación Vila de Cangas, Samertolaméu-Oversea, Virxe da Guía, Amegrove, Chapela, Cabana-Ferrol, Castropol e Poboa-B. Alternancia na primeira posición con respecto ao sábado na Bandeira Concello de Redondela, na que foron os mugardeses os vencedores, seguidos de Narón e Cedeira, con Amegrove no cuarto posto.

A próxima fin de semana a Liga Galega B ten a súa cita o sábado na Cabana, e a Liga Galega Feminina rema o sábado en Bueu e o domingo en Tirán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará