Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior organiza unha visita teatralizada á Illa de San Simón

SanSimonRede

Os interesados en participar nunha visita guiada a San Simón coñecendo a algúns dos protagonistas da historia desta illa están de parabéns. O Concello de Soutomaior acaba de abrir o prazo de inscrición para unha saída conducida por un guía oficial e dinamizada polos monitores do Campo de Voluntariado Illa de San Simón, impulsado pola Xunta de Galicia. A actividade será o mércores 11 de agosto e os interesados en participar poden inscribirse na Caseta de Turismo instalada no Peirao de Arcade antes do día 6. A visita ofrece un percorrido guiado a través dos diferentes episodios da illa e os principais personaxes das súas historias, como o pirata Francis Drake, o trobador Mendiño ou os monxes Templarios. A edil de Turismo, Cristina González, animou a todos os interesados en participar a inscribirse conto antes “e aproveitar a oportunidade para coñecer, dunha forma diferente e divertida, os segredos da illa de San Simón”. A iniciativa inclúe o transporte en autobús e barco, e as prazas son limitadas. O custo é de 5 euros para os empadroados no municipio e de 8 para o resto de participantes. O punto de encontro e saída da actividade será o Peirao de Arcade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará