Fran Teixeira na homenaxe que recibía a semana pasada na Deputación de Pontevedra
O histórico adestrador de balonmán Fran Teixeira anunciou onte a súa decisión de non seguir a próxima tempada á fronte do BM Chapela, logo de 14 campañas ininterrompidas no banco do club redondelán. Unha decisión que recoñece foi “moi difícil” de tomar dada a súa longa traxectoria no club, na Primeira Nacional estes últimos anos e con tres tempadas en Asobal en épocas pasadas. Explica que renuncia a continuar por varios motivos, pesando sobre todos eles seu estado de saúde. O técnico leva anos loitando contra un cancro que xa o levou a pasar polo quirófano en sete ocasións. Con todo, foron moi poucos os adestramentos e partidos do BM Chapela aos que faltou. Recoñece que nesta última tempada “xa non puiden traballar ao 100% como me gustaría”, e que asegura que partires de agora “loitarei para recuperarme porque quero seguir facendo o que máis me gusta que é adestrar”. Na súa despedida do club redondelán Teixeira deséxalle ao seu equipo “a maior das sortes” ao tempo que dá as grazas “por todos estes anos”.