Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela demanda á Xunta que se repoña o transporte público á praia

PraiaCesantes

O Concello demanda á Xunta unha solución “urxente” á paralización do servizo de autobús á praia de Cesantes.

O Concello de Redondela esixe á Xunta de Galicia unha “solución urxente” á paralización do servizo de transporte de viaxeiros entre o casco urbano e a praia de Cesantes. Trátase dunha competencia autonómica e o servizo non está operativo actualmente “por desacordos entre a propia Xunta de Galicia e a empresa de transporte”. A alcaldesa Digna Rivas asegurou que “non é de recibo que en plena época estival a veciñanza que habitualmente utiliza este servizo entre Redondela e a praia de Cesantes non dispoña de autobús”. Rivas sinala que o servizo está suspendido “ata que se resolvan as diferencias que manteñen as dúas partes e que, cunha mínima previsión, terían que estar previstas e resoltas antes da chegada do verán”. A praia de Cesantes é unha das máis utilizadas pola veciñanza do casco urbano e parroquias próximas polo que a suspensión do servizo de transporte, “supón un grave problema para centos de veciños e veciñas”, explica a rexedora local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará