O Concello de Soutomaior decidiu aprazar as actuacións musicais que tiña programadas para esta fin de semana debido á previsión de choiva. As novas datas serán en agosto e setembro. Así, o concerto que ofrecerá a gaiteira Susane Seivane trasládase ao domingo 29 de agosto, ás 20:30 no Peirao de Arcade. O festival Soutomareiro pasará a celebrarse o venres 24 de setembro, tamén no Peirao de Arcade, cos mesmos artistas: a cantante Sheila Patricia e o dúo formado por Laura Lamontagne e Pico Amperio. O acceso a ambas as actuacións é totalmente gratuíto e axustarase ás restricións sanitarias vixentes na data do concerto. Os aforamentos serán limitados e cubriranse segundo a orde de chegada, con uso obrigatorio da máscara.