Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os tesouros do río Pexegueiro: muíños, regatos e lendas ao solpor

Ruta

Logo do éxito de anteriores rutas guiadas polas diferentes parroquias, a concellería de Medio Ambiente continúa organizando saídas para dar a coñecer diferentes espazos naturais do municipio. Nesta ocasión, coa colaboración do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, oferta unha nova ruta guiada entre muíños e regatos, por sendas do río Pexegueiro nas parroquias de Cesantes e O Viso. Os participantes na actividade poderán seguir as explicacións de Álvaro Diego, guía local, que achegará información sobre o patrimonio natural e etnográfico da zona, e tamén contará algunha lenda destes lugares. Para a realización da actividade é preciso levar calzado cómodo. A saída será mañá mércores 28 de xullo ás 18:00 horas, cunha duración aproximada de 3 horas. O punto de encontro será na rúa A Pantalla. A actividade é de balde, con prazas limitadas. Máis información e reservas no enderezo electrónico turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará