Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas lamenta que o PP “minta sen ningún tipo de pudor” sobre as axudas ao CIM

sdr

A alcaldesa e concelleira de Servizos Sociais en Redondela, Digna Rivas, saíu ao paso da denuncia do PP sobre a perda de subvencións a este departamento ou a devolución de axudas do Centro de Información á Muller (CIM). Rivas lamentou que o Partido Popular de Redondela “minta sen ningún tipo de pudor” sobre as cantidades que o Concello deberá reintegrar á Consellería de Emprego por horas non utilizadas “unha circunstancia que, dende o cambio de normativa por parte da Xunta, no 2016, é habitual”, sinala. A alcaldesa explica que a redución de horas de prestación por parte da psicóloga e da axente de Igualdade, no período 2019-2020, fixo que dos 45.000 euros que tiña subvencionados o CIM tivera que reintegrar 1.631 euros. Do mesmo xeito, no período 2020-2021 houbo menos horas tanto da psicóloga como da axente de igualdade e da avogada, que estivo sen servizo, polo que a devolución para este período foi de 7.000 euros. Para Digna Rivas as declaracións da portavoz popular Carmen Amoedo afirmando que “non hai precedentes dunha circunstancia como esta en Redondela” son dunha “total e absoluta desvergoña amais dunha falta de respecto á veciñanza á que se quere enganar por calquera medio posible recorrendo, incluso, á mentira máis descarada”. Lembra a alcaldesa que “gobernando o PP con ela de responsable de Servizos Sociais, tan só no período 2018-2019, o Concello tivo que reintegrar 9.200 euros, que sumados ao 2016 e 2017, supoñen máis de 10.000 euros”. “Recorrer ao engano e a falsidade nunca foi unha boa idea e menos cando hai informes, como os propios do CIM, que deixan en evidencia o torpe intento da portavoz popular de desprestixiar ao goberno local”, afirma Rivas.

En canto á perda de 100.000 euros en subvencións que denuncia o PP, a concelleira de Servizos Sociais considera “inadmisible e incualificable” que Amoedo fale de “deixadez” neste servizo. O propio informe do CIM sinala que a subvención que a concelleira popular da como perdida “non ten aínda resolución nin denegatoria nin de espera”. “Podería pensarse que a voceira do PP dispón de máis información directa da Xunta de Galicia que o propio goberno local, algo que sería unha mostra máis da descortesía institucional coa que o Goberno galego vén tratando a Redondela e a súa veciñanza”, remata Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará