Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para as axudas de comedor e material escolar

Material

O Concello de Redondela ten aberto ata o próximo 10 de agosto o prazo para solicitar as axudas para adquirir libros e material escolar. Para as axudas de comedor o prazo de presentaciónde solicitudes esténdese ata o 23 de agosto. As bases que regulan estas subvencións pódense consultar na páxina web do Concello www.redondela.gal.

No caso das axudas para comedor escolar, que xestiona a área de Servizos Sociais, Redondela conta cun fondo de 30.000 euros, e as subvencións serán outorgadas en función dun baremo que valora os ingresos e situación familiar.

As axudas para libros e material escolar, da concellería de Ensino, están dirixidas ao alumnado da segunda etapa de Educación Infantil (de 3 a 5 anos) que o próximo curso estea matriculado nalgún dos centros públicos de Redondela. O programa conta cunha partida de 8.500 euros. Para obter a subvención a renda familiar per capita debe ser igual ou inferior a 8.125 euros no caso de familias monoparentais, e de 7.500 euros para o resto das familias.

Axudas para material escolar en Pazos de Borbén

O Concello de Pazos de Borbén convoca o seu programa de axudas para a adquisición de material escolar e didáctico para o próximo curso ano. Debido á actual situación económica derivada da pandemia, o Concello incrementou un 30% o importe das axudas con respecto ao ano pasado. Poden solicitarse as axudas para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, PCPI e Formación Profesional do municipio. A unidade familiar deberá estar empadroada e ter a súa residencia en Pazos de Borbén, ademais de cumprir cuns baremos económicos recollidos nas bases da convocatoria. As solicitudes para acollerse a este programa deberán presentarse na Casa do Concello antes do 15 de agosto. Os interesados en resolver calquera dúbida ou realizar as súas consultas deberán dirixirse ás oficinas da Casa do Concello ou a través do teléfono 986 497 035.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará