A Escola Infantil As Marismas, que acolle a case un cento de nenos de 0 a 3 anos, renovarase este verán co cambio de toda a súa carpintería exterior. A Xunta de Galicia licitou as obras, que contarán cun investimento de máis de 96.000 euros, cofinanciados entre o Goberno galego e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Anunciouno o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, nunha visita a este centro infantil de Redondela. Rey explicou que as reformas se executarán principalmente durante este mes de agosto, e que consistirán na substitución de todas as carpinterías exteriores do centro.