No paso da praia da Punta, en Cesantes, en novo catavento realizado en madeira e aceiro substitúe ao anterior, de formigón e de maiores dimensións. A concellaría de Medio Ambiente instalou esta nova estrutura, que non supera os doce metros de altura. O concelleiro, Roberto Villar, explica que a anterior, de máis de 16 metros de alto “supoñía un feísmo paisaxístico nun lugar de especial beleza, en plena enseada de San Simón”. Villar sinala tamén que este novo catavento “permitirá facer eventos con carpa na zona”.