A Asociación Ecoloxista Arco Iris asegura que dende inicio de xuño foron cortados aproximadamente un 4.000 metros cadrados e alertan dunha nova actuación que afectará a unha parcela de 5000 metros. Solicitan ao Concello e á Consellería de Medio Rural que a paralicen xa que afectaría a unha masa de monte de “gran interese botánico e faunístico”.
Os ecoloxistas aseguran que esta acción na zona verde do Río Fondón “está a afectar a especies autóctonas” e arrasou unha superficie aproximada de 4.000 metros cadrados. Malia a súa denuncias as autoridades trasladáronlles que a parcela afectada dispón de todos os permisos legais apra dita actuación.
Avisan de que nos próximos días hai prevista outra corta nunha parcela de 5.000 metros e que provocará un dano “que aínda se está a tempo de evitar”.
Nesta liña, os ecoloxistas esixiron ao Concello de Redondela e á Consellería de Medio Rural que paralicen a actuación, xa que só “responde a intereses especulativos e afectaría unha masa de monte de gran interese botánico e faunístico con risco de que se produza unha lenta e progresiva desaparición”.