O Concello vén de iniciar as obras de canalización e iluminación do Camiño da Tafona, unha mellora moi demandada por centos de veciños que viven en Reboreda e que empregan este camiño para desprazase dende esa parroquia ao centro da vila.
As obras, que suporán dúas semanas de execución, inclúen a canalización cunha tubaxe e arqueta e a instalación de 12 luminarias na zona. Segundo o edil Medio Ambiente, Roberto Villar, “con esta actuación no Camiño da Tafona a zona vaise mellorar substancialmente que se trata dun espazo moi transitado polas veciñas e veciños de Reboreda ao comunicar a zona do Canudo co centro urbano, evitando dar un rodeo dun quilómetro”.