A Concellería de Medio Ambiente lembra que está prohibida a acampada libre en todo o Concello. Os feitos tiveron lugar o pasado venres cando un veciño chamaba a Policía Local tras advertir a presenza de catro tendas de campaña instaladas na zona do merendeiro da praia de Cesantes.
Ata o lugar desprazáronse os axentes para identificar aos propietarios das tendas así como informarlles da ordenanza municipal sobre a prohibición da acampada libre en todo o municipio.