Os tres concelleiros de AER na corporación de Redondela presentaban pasadas as dúas da tarde no rexistro do Concello a renuncia as súas competencias no Goberno municipal. Roberto Villar (Medio Ambiente), Daniel Boullosa (Cultura e Turismo) e Manuel Vila (Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá) facían así oficial unha dimisión que xa anunciaran hai un mes logo da crise pola retirada de competencias na limpeza da praia e o órdago de AER pedindo a dimisión da alcaldesa como condición para seguir no goberno.
Pasan agora formar parte da oposición, unha labor que exercerán de forma “construtiva, fiscalizadora e amable” en palabras de Boullosa.
No mesmo sentido manifestábase Villar “AER naceu na oposición e volvemos as nosas orixes” e engadía que “seguiremos traballando colaborativos pero contundentes como fixemos dende o 2011”.
Manuel Vila comprometíase tamén a seguir traballando e “aportar o noso gran de area pero agora xa fora do goberno”.
Un goberno que queda en clara minoría con tan só 7 concelleiros do PSOE fronte aos 14 da oposición (nove do PP, tres de AER e dous do BNG).