Trátase dun mozo de 33 anos e veciño do municipio, vello coñecido da Policía Local quen acudía ao redor das 22:30 horas do sábado ao Centro de Saúde logo de resultar ferido na cara no transcurso dunha pelexa.
Alertados os axentes do incidente procederon a identificar a este individuo, constándolle unha orde de busca e captura así como ingreso en prisión decretada por un Xulgado de Pontevedra pro ameazas.
A patrulla da Policía Local tivo que custodiar o detido seguindo protocolos, no Hospital Álvaro Cunqueiro preto de 5 horas ata que puido ser presentado na Comisaria Nacional en Vigo quen sería a encargada de trasladar ao detido a prisión correspondente.
Tamén foi necesario intervir nunha segunda detención que se producía ás 4:30 horas da madrugada logo de que axentes da Policía Nacional conseguiran dar o alto a un ciclomotor tras unha persecución por diferentes rúas do centro da vila. O detido carecía de permiso de conducir e ademáis facíao cun ciclomotor roubado, sen seguro e sen ITV. A Policía Local fíxose cargo das dilixencias para o xulgado de Garda de Redondela.