Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local convoca unha asemblea para informar das obras de remodelación da praza de Ponteareas

praza1

A reunión terá lugar este mércores días 8 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Nesta xuntanza informarase aos asistentes do inicio dunhas obras que contan cun prazo de execución de 10 meses e que suporán a transformación total dun espazo degradado durante décadas. O proxecto, redactado polo estudo Gándara y Pons, conta cun investimento de máis de 730.000 euros.

O obxectivo desta reunión, aberta a toda a cidadanía que queira achegarse, é informar sobre a nova Praza de Ponteareas e o que esta obra significa para o desenvolvemento futuro de Redondela.

A alcaldesa Digna Rivas lembrou que o proxecto xa foi presentado no Concello hai máis dun ano, “agora queremos que a veciñanza estea informada puntualmente sobre a execución das obras que, dado o calado das mesmas, orixinará inconvenientes e molestias polas que pedimos a veciñanza a súa comprensión e paciencia”.

A rexedora local non dubidou en asegurar que a execución destas obras supoñen “a total transformación dunha das principais vías de entrada ao casco urbano” e nas que o asfalto “deixará paso a un espazo pensado, fundamentalmente, para o desfrute da veciñanza”.

Neste proxecto contémplase unha reforma que suporá a total transformación desta entrada ao casco urbano, dando paso o asfalto a unha zona máis amable na que os peóns teñan prioridade sobre os vehículos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará