Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo de Soutomaior retoma o seu programa de visitas

castelo

O recinto acolle este semana unha nova edición do programa “Os Viñedos do Castelo”, con catro sesións para dar a coñecer a finca vinícola para as que xa está aberta a inscrición. As visitas ás catro hectáreas de viñedos do castelo terán lugar os días 14, 15, 16 e 17, todas ás 17.30h, en grupos de 20 persoas. Por outra banda, en outubro celebraranse 18 novas sesións das Visitas Caracterizadas ao Castelo, para as que tamén está aberto o prazo de reservas a través da súa web.

A terceira edición de “Os Viñedos do Castelo” e unha nova quenda das Visitas Caracterizadas no vindeiro mes de outubro son as novas actividades que lanza a Deputación de Pontevedra para pechar un verán de récord no Castelo de Soutomaior. O recinto recibiu entre xuño e este mes de setembro a 16.541 persoas, “os mellores datos da historia do Castelo”, en palabras da presidenta provincial, Carmela Silva, que referendan ao recinto como unha das iconas do novo modelo de turismo multiexperiencial na provincia.

Esta semana o recinto acollerá as novas visitas “Os Viñedos do Castelo”, que chegan aproveitando o inminente inicio da vendima para achegar ás persoas visitantes un dos espazos do Castelo menos coñecidos. Esta iniciativa aposta por poñer en valor o produto local, neste caso a uva destes viñedos da DO Rías Baixas, e por “avanzar na liña de actividades sostibles e respectuosas co medio ambiente que permitan que a xente teña experiencias sensoriais e moi atractiva”. A presidenta provincial puxo en valor que amais de poder pasear polos fermosos viñedos e coñecer cales son as súas características, as persoas participantes poderán gozar “dunha contorna marabillosa e visualizar unha paisaxe que é espectacular”.

As visitas ás catro hectáreas de viñedos do castelo terán lugar esta semana, son de 1 hora de duración e en cada unha das catro sesións persoal de Turismo fará de guía para explicar as características dos viñedos, as orixes, a Denominación Rías Baixas, os tipos de uva, as subzonas, a vide, a vendima e a explotación . As reservas xa están abertas que as persoas interesadas poden realizar a través da web do Castelo ao prezo de 6€

Nova quenda Visitas Caracterizadas

Por outra banda, en outubro celebraranse 18 novas sesións das Visitas Caracterizadas ao Castelo, para as que hoxe tamén se abren as reservas a través da súa web. Comezarán o venres 1 ás 16 e 17:30h, seguirán o domingo 3, ás 11, 13, 16 e 17:30h; o martes 12, ás 11, 13, 16 e 17.30 h; e o sábado 9, 16, 23 e 30 de outubro, ás 11 e ás 12:30h. Están dirixidas a público adulto e haberá un total de 270 prazas, 15 para cada visita, que terá unha duración de 60 minutos e un prezo de 8€.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará