Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Confraría de Arcade moderniza a súa lonxa

confraría

Reducir a mortandade da anguía unha vez chega a lonxa e facilitar a xestión dos pescadores son os dous obxectivos que buscan na Confraría de Arcade. Proxectos que contan co financiamentos do Grupo de Acción Local (Galp) Ría de Vigo-A Guarda e que permiten modernizar estas instalacións.

A Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Arcade é unha das confrarías que se beneficia das axudas outorgadas polos GALP a aqueles proxectos produtivos que apostan pola innovación para dixitalizar e automatizar procesos, incluíndo outros novos, e modernizar a venda de peixes e mariscos.

Neste caso, a proposta busca mellorar a comercialización da anguía procedente da pesca artesanal e evitar a eventual mortandade deste produto mellorando os motores de frío das piscinas da anguías xa que a auga do mar no verán non está a unha temperatura suficientemente fría como para garantir a supervivencia de todos os exemplares capturados.

Gonzalo Reinoso, patrón maior confraría de Arcade

Un dos sectores que máis aporta a confraría polo que tamén se modernizou o sistema para a súa xestión unha vez o mariñeiro chega a porto. Dixitalízase así un proceso que antes de facía a man e que supoñía duplicar traballo.

Por outra banda xa está a piques de rematar a colocación das placas solares que se están a instalar dende o ano pasado no tellado da lonxa e que permitirá un aforro enerxético importante.

Unha confraría que logo do parón e a caída dos ingresos por mor da pandemia está sobrevivindo graza principalmente ao marisqueo a flote e ao sector da anguía. Confía en que no mes de outubro volva ao traballo as 80 mulleres que traballan no marisqueo a pé e que actualmente están nun paro biolóxico logo de estar tamén en ERTE durante meses. O seu regreso ao traballo suporía tamén unha mellora económica para este pósito

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará