Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela terá bacharelato de Artes

bacharelato1

O parlamento galego aprobou por unanimidade os trámites para a implantar esta modalidade en Redondela. Unha iniciativa do BNG que chegaba a Comisión de Educación por segunda vez, logo de que no pasado mes de maio non saíra adiante ao votar en contra o PP. O nacionalista Manuel Lourenzo, encargado de defender a proposta, entende que foi “a mobilización das Anpas o que fixo posible en gran medida que o PP cedera a modificar o seu posicionamento”. A implantación do Bacharelato de Artes está condicionado a que haxa matrícula suficiente no proceso de preinscrición de cara ao curso que vén.

O portavoz de Educación do BNG, Manuel Lourenzo defendeu, a través dunha proposición non de lei, ofertar os estudos de bacharelato de Artes en Redondela, proposta que acadou un acordo unánime tras aceptar o nacionalista, unha transacción do Partido popular co obxecto de incluír no acordo, “atender á demanda no proceso ordinario de preinscripción”.

Na defensa da proposta, o deputado do BNG afirmou que dotar ao concello de Redondela do Bacharelato de Ares “é unha demanda reclamada pola comunidade educativa e apoiada por todos os grupos políticos do Concello de Redondela”.

O parlamentario recalcou que Redondela, un concello con 30 mil habitantes, precisa desta modalidade e lembrou que o 24 de xuño o pleno municipal aprobara “por unanimidade” reclamar esta disciplina.

O deputado sumou a este apoio ás 14 ANPAS, os claustros de todos os centros e os consellos escolares, de aí, recalcou a importancia deste acordo parlamentario que posibilitará que o alumnado que queira cursar estes estudos non teña que desprazarse a Mos, localidade á que non hai posibilidade de desprazarse en transporte público ou a Vigo ou Pontevedra tendo que realizar o traslado en tres ou catro autobuses para combinar os horarios e cun custe que pode alcanzar entre os 100 ou 120 euros mensuais.

Tras a votación, o deputado agradeceu o apoio de todos os grupos parlamentarios e considerou que o acordo acadado na Comisión de Educación resulta “un paso adiante” para atender unha demanda amplamente rescaldada pola comunidade educativa, alumnado e a totalidade da sociedade do concello de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará