Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Radio Redondela emite a adaptación radiofónica da novela “Os Incurábeis”

incurabeis imagen

A novela negra de Antonio Tizón poderá escoitarse a través da Radio Municipal grazas a unha iniciativa de Son Radiofusión. Máis de 50 persoas participaron na gravación deste podcast que conta con 88 capítulos de 12 minutos de duración cada un. Poderá escoitarse no 94.9 e tamén a través da internet na web www.radioredondela.com ás 9 e ás 21:00 horas a partir do luns 27 de setembro.

Unha iniciativa que forma parte do proxecto “O meu libro” de captación de novos públicos para a literatura galega. Trátase da primeira obra da literatura galega adaptada ao podcast, un formato de éxito desde que a BBC apostou en 2004 por este tipo de programas. A trama da novela, publicada por Xerais en outubro de 2020, comeza co asasinato dunha muller na Coruña. O inspector Sánchez Pereiro investiga o caso que se vai desenvolvendo en distintas localizacións do barrio dos Castros. A corrupción política e tamén o padecemento causado polas doenzas mentais aparecen nesta obra adaptada para o podcast polo mesmo Antonio Tizón.

A directora do podcast, unha “superprodución” galega con 88 capítulos de 12 minutos de duración cada un, Eugenia Sanmartín gaba o labor dos actores e actrices e de numerosas persoas colaboradoras coa iniciativa. No podcast, Miro Casabella interpreta a canción “Os Incurábeis” musicada por él mesmo  a partir dun poema do escritor arxentino Pedro Bonifacio Palacios “Almafuerte” (Siete sonetos medicinales).

O secretario de Son Radiofusión Henrique Sanfiz explica a vontade de continuidade da produción con novos podcast de cara ao futuro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará