A primeira cita deste programa terá lugar este mércores 29 de setembro ás 18.00 h na Biblioteca Municipal co contacontos “Historias da Marquesa” a cargo da compañía Pavís Pavós. Dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos e público familiar. Un espectáculo no que se conta a historia dunha marquesa moi viaxeira que se aventura nun mar de experiencias….Entrada de balde ata completar aforo.
Charo Pita será a protagonista da actividade organizada para o mércores día 6 co contacontos Mirando o Ceo. Un título que fai referencia a como na antigüidade a xente se orientaba mirando o ceo e, para lembrar o lugar que ocupaba unha estrela, inventábanlle unha historia. Unha proposta orientada e nenos e nenas de 5 a 12 anos.
O mércores 20 chega a biblioteca Ender’s game, un obradoiro orientado a maiores de 12 anos baseado na novela O xogo de ender. Neste obradoiro farase unha descrición do libro, da súa mensaxe e do seu ambiente e despois crearanse instrumentos electrónicos tipo alarma láser e marcadores lasertag para facer un xogo de estratexia.
Pechara o programa Contos do Mundo, unha proposta que pretende achegar as nenas e nenos outras culturas e realidades diferentes. Está destinado este contacontos a rapazada de entre 5 e 10 anos.