Axentes da Policía Local procederon na noite de onte á detención dun varón, veciño de Redondela, por un presunto delito de violencia no ámbito familiar. Os feitos aconteceran pola tarde, cando unha patrulla da policía nacional acudiu a un domicilio tras ser alertada dunha agresión dun varón a súa nai.
Unha vez no lugar atenderon a muller que foi trasladada ao PAC de Vigo para ser atendida das lesións, xa que fora golpeada en varias partes do corpo, e se procedeu a realizar batidas conxuntas entre a policía nacional e local para localizar ao autor dos feito.
Finalmente deuse con el no centro da vila, procedendo a súa detención e traslado a comisaria de Vigo. O mozo, de tan só 19 anos, xa ten protagonizado feitos semellantes con anterioridade.