Os hostaleiros, ximnasios, axencias de viaxes e negocios de lecer nocturno do Concello de Soutomaior, afectados as restricións derivadas da pandemia, xa poden solicitar as subvencións ofrecidas polo Concello de Soutomaior para reactivar a economía local. A convocatoria de axudas establece un prazo máximo de 15 días hábiles, a partir da súa publicación, para presentar a solicitude. A contía global da subvención é de 41.560 euros e repartirase entre os solicitantes cun máximo de 1.000 euros por negocio.
Dentro deste importe os solicitantes poderán incluír como gastos subvencionables as súas cotas de aluguer e de autónomos, os gastos derivados da contratación de servizos externos, impostos e taxas municipais, subministracións do local, material de prevención contra a covid
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explicou que as axudas están destinadas a dar “un pequeno impulso a aqueles negocios que máis sufriron durante a pandemia, aguantando constantes cambios e restricións, e que necesitan máis que nunca toda a axuda posible”.
Poderán solicitar estas axudas as empresas cun máximo de 10 empregados, que teñan o seu domicilio social e o seu centro de traballo no municipio, co alta nos epígrafes oportunos do Imposto de Actividades Económicas, que se atopen ao corrente de pago coas administracións públicas e non se poderá presentar máis dunha solicitude por sociedade.
No caso de que os solicitantes sexan persoas físicas que non dispoñan de medios os electrónicos necesarios para relacionarse telemáticamente coa administración, o Concello de Soutomaior prestaralles a debida asistencia pondo á súa disposición os medios necesarios para presentar os seus solicitudes.