A celebración desta cita comercial e festiva, tras o aprazamento sufrido a fin de semana pasada pola previsión de choiva, será o venres 1 e o sábado 2 de outubro en horario ininterrompido de 10:00-22:00h. Ademais das dez casetas instaladas na rúa Ribeira, os comerciantes sacarán os seus produtos outlet á porta dos seus establecementos con descontos de ata o 70%. Os espectáculos do Festival de Artistas de Rúa animarán estas xornadas comerciais.
Este novo evento comercial, que se está a ver condicionado pola meteoroloxía, é unha oportunidade única para comerciantes e clientela xa que votará a rúa a maior oferta de outlet de todo o ano a prezos únicos. Para os compradores que estean interesados en adquirir produtos outlet recoméndase que apresuren as súas compras a xornada do venres xa que as existencias son limitadas. Poderá atopar todo tipo de produto. moda e complementos, calzado, vehículos de ocasión, decoración… en total 40 comercios que se sumaron a esta iniciativa.
Os descontos de nova tempada estarán reservados ao interior dos establecementos comerciais e contará con aforo controlado e horario ampliado para poder realizar as compras de forma segura.
Redondela tamén contará cun espazo feiral ao que se desprazarán un número limitado de establecementos. A rúa Ribeira acollerá este establecementos que contarán con espazo cuberto para a exposición e venda dos seus produtos.
Completarase a xornada coas actividades e actuación itinerantes do Festival de Artistas de Rúa, na tarde do venres coa Compañía Xip Xap ás 17:30 e o espectáculo Pachamama da compañía Troula Animación ás sete. O sábado percorrerán as rúas Inventi teatro coa Tropa do Doutor Milagre ás 17:30 e o circo Krasnobarak as sete.