Os feitos producíanse a unha da madrugada de hoxe luns na parroquia de Cesantes. Era o 112 Galicia quen trasladaba á policía que unha muller estaba perseguindo a un home pola vía pública con intención de agredilo cun machete. A muller foi detida e trasladada ao Hospital Alvaro Cunqueiro para a súa avaliación, sendo trasladada esta mañá á comisaría por un presunto delito de Violencia de Xénero.
Axentes da Policía Local e Nacional interviron nesta detención logo de recibir pasadas a unha da madrugada o aviso do 112 Galicia. Unha vez no lugar indicado observaron un home descalzo correndo pola estrada en estado de nerviosismo. O home declarou que a súa exmuller tentara agredilo cun machete, conseguindo fuxir. Os axentes dirixíronse ao domicilio onde se atopaba a muller cunha cativa menor de idade. De xeito voluntario accedeu a abandonar a vivenda, localizándose no interior a arma empregada, un machete de 55cm de folla.
A detida foi trasladada en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro para a súa valoración, sendo na mañá de hoxe trasladada á comisaría.