Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para o pagamento do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)

ibi

O Concello de Redondela pon en coñecemento de toda a veciñanza que o venres 15 de outubro remata o prazo para o pagamento, en período voluntario, dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles de urbana e rústica do exercicio 2021 (IBI).

O pagamento pode realizarse en calquera das entidades bancarias colaboradoras –Abanca, Caixabank ou Banco Bilbao Vizcaya– presentando o correspondente recibo que xa foi remitido aos domicilios das persoas contribuíntes. >Ou directamente a través da Oficina Virtual Tributaria premendo aquí

Aquelas veciñas ou veciños que aínda non recibiran a correspondente carta de pagamento –recibo– no seu domicilio, poden solicitar un duplicado dos mesmos la Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela, –rúa Ernestina Otero 35, baixo– en horario de e atención ó público: mañás de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h e tardes de luns a xoves de 16:00 h a 19:00 horas). Para calquera información pódense dirixir ao teléfono 986 408 374.

Cómpre salientar que unha vez finalizado este prazo de pagamento voluntario, o cobro realizarase por vía executiva coas recargas de apremio correspondentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará