Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello de Soutomaior terá que pagar 4.360 euros por irregularidades nunha contratación

concello souto

O alcalde, Agustín Reguera, asegura que se trata dun proceso administrativo e nega calquera responsabilidade política. Asegura que o tribunal de calificación estaba formado por persoal técnico de tres organismos diferentes – Xunta, Concello de pazos e Soutomaior- polo que non se pode responsabilizar ao goberno local. Algo que si fai o BNG quen lembra que o Concello xa foi condenado por fraude na contratación de Auxiliares da Policía Local e que este caso “supón unha nova mostra da incapacidade do goberno local para sacar adiante calquera tarefa administrativa”.

A multa chega logo de que a persoa se presentara para a obtención dunha praza de docente da especialidade de operacións básicas de cociña nos concellos de Soutomaior, obtendo unha puntuación total de 13.89, o que lle daba acceso ao posto. Esta traballadora decidiu renunciar á mesma praza en O Grove e escoller Soutomaior “por motivos de conciliación”.

Mentres tanto, a comisión mixta tomou a decisión de reducirlle a puntuación na proba de entrevista a un 4.75 por “problemas de transcrición”, -aínda que recibira un 5 en primeira instancia. Esta situación supúxolle a perda da paraza en ambos concellos, o que levou á afectada a denunciar aos integrantes da comisión mixta.

Agora, o xuíz deulle a razón á demandante, e impúxolle unha sanción de 17.440 euros ao concello de Soutomaior, ao de Pazos e á Xunta por “lucro cesante” e “dano moral”. Desa contía, o concello de Soutomaior está obrigado a abonar a cantidade de 4.360 euros, ao igual que o concello de Pazos de Borbén. Pola súa parte, a Xunta asume a cantidade de 8.720 euros.

O alcalde de Soutomaior rexeita calquera responsabilidade neste proceso tendo en conta que o tribunal cualificador estaba formado por persoal técnico de tres institucións diferentes e critica que “a oposición queira sacar rédito político dunha cuestión puramente administrativa e allea ao goberno local”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará