Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Regreso á Illa de San Simón”: Memoria Histórica en banda deseñada

illa2

A deputación de Pontevedra presenta este venres o seu primeiro libro en banda desañada para achegar a memoria histórica á xente nova. A obra foi coordinada por Kiko Da Silva e contén o traballo de 13 autores e autoras que crearon varias historias baseadas no acontecido na Illa de San Simón dende 1936 a 1943. O acto, que será no Edificio Castelao do Museo ás 20.30 horas, está aberto ao público sendo precisa inscrición previa no enderezo memoriahistorica@depo.gal.

A Deputación, a través do seu departamento de Memoria Histórica, presenta este venres o seu primeiro libro de banda deseñada para achegar á xente moza o relato dos feitos acontecidos durante os anos da ditadura e a represión e as súas consecuencias na provincia. A obra, titulada “Regreso á Illa de San Simón”, foi coordinada polo debuxante Kiko Da Silva e contén o traballo de 13 autores e autoras formadas na escola do Garaxe Hermético que crearon varias historias situadas na illa da ría de Vigo dende 1936 a 1943. “Un traballo coral” explica Da Silva “porque o que aconteceu en San Simón foi tamén unha traxedia coral que nos afectou e nos afecta a todos”. Lembra ademais as posibilidades que ofrece banda deseñada para chegar a un público que normalmente non ten moita relación coa memoria.

Kiko Da Silva, coordinador do proxecto

Un libro non exento de reivindicación, no que ademais de presentar en formato de banda deseñada unha realidade moi próxima a nós e moitas veces esquecida fai fincapé na necesidade de fuxir de actos que nada teñen que ver con este espazo e que si se celebraron no pasado malia a polémica que os rodeou (campamentos piratas ou festas de Samaín, entre outras).

Contido reivindicativo

O argumento parte precisamente dun grupos de nenos que chegan a Illa para participar nun campamento e descobren o que alí aconteceu no pasado, as historias dos presos que conviviron en San Simón durante e despois da Guerra Civil.

Uns nenos que chegan a Illa van descubrir o seu pasado

O libro será distribuído entre os institutos de educación secundaria da provincia e tamén nas bibliotecas e puntos de lectura municipais. Ademais, a xente interesada poderá solicitalo nas instalacións do departamento de Memoria Histórica da Deputación situado nas dependencias do Arquivo Provincial ata esgotar existencias, aínda que no caso de ter moita demanda, non se descarta facer novas impresións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará