Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andaina reivindicativa para reclamar a construción dunha vía verde entre Arcade e Pontevedra

via verde

O BNG de Soutomaior e Vilaboa organizan o domingo unha andaina para reivindicar a construción dunha vía verde pola antiga vía do tren, actualmente en desuso. A andaina, que contará coa presenza do deputado no congreso Néstor Rego, sairá as 11:30 dende as Salinas do Ulló e transcorrerá entre estas e a antiga ponte do tren que da acceso ao Concello de Soutomaior.

O BNG organiza unha nova andaina reivindicativa, que se suma as outras iniciativas xa levadas a cabo neste sentido, e que recolle a demanda de que se habilite a antiga vía do tren, hoxe en desuso, como sendeiro peonil que una todas as poboacións entre Arcade e Pontevedra.

O voceiro do BNG de Soutomaior, Manu Lourenzo salienta a necesidade de apostar por unha mobilidade sostible e ecolóxica e lembra que se trata dun proxecto no eu levan anos traballando “non é de recibo que algo que podería dar un gran empuxe a todos os concellos da nosa contorna e aumentar a seguridade viaria, estea no estado de abandono no que se atopa hoxe en día polo desleixo das administracións competentes”.

Así mesmo, a nova voceira do BNG de Vilaboa, Tareixa Carro, remarcou ademais que esta mellora de accesibilidade suporía un gran avance no acceso e na proxección dun dos grandes atractivos turísticos do concello, como son as Salinas do Ulló.

A andaina contará coa participación do deputado no congreso, Néstor Rego, o BNG xa anunciou, que igual que leva facendo os últimos anos, emendará os orzamentos recen presentados polo goberno do Estado para que recolla está demanda.

Unha petición que vén de lonxe e que está avalada tamén por diferentes colectivos que xa teñen convocado actos semellantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará