Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Desfile de tropas por Redondela para conmemorar a Batalla de Rande

batalla

A Asociación Cultural e Deportiva de Rande arranca este sábado as celebracións do VIII acto de conmemoración da Batalla cun desfile que percorrerá o centro da vila a partir das 19:00 horas do sábado rememorando o acontecido no ano cando tiña lugar a famosa Batalla de Rande entre tropas angloholandesas e hispanofrancesas. O II Festival Casto Sampedro completa a axenda cultural da fin de semana cun evento no Multiúsos da Xunqueira o domingo ás 20:00 horas que contará coa participación dos grupos Os fillos da Pile e O Carballo das Cen Polas.

As rúas e prazas de Redondela encheranse historia co primeiro acto do desfile e representación da Batalla de Rande que chega da man da ACD Rande coa colaboración do Concello de Redondela, e na que a vestimenta de época das tropas hispanofrancesas e inglesas poñerán a cor a un máis que atractivo desfile no que as tropas escoltan os ‘tesouros das indias’ logo da descarga dos galeóns. Un episodio salientable da historia na que Redondela e a enseada de San Simón foron, unha vez máis, testemuñas de privilexio.

Xa a vindeira fin de semana e nas inmediacións do Meirande, en pleno estreito de Rande lugar da batalla, terá lugar a representación que, ano tras ano reforza o seu poder de convocatoria converténdose nunha cita imprescindible do sur de Pontevedra.

A Concelleira de Cultura, Iria Vilaboa falábanos dos actos da Batalla

O domingo 17 de outubro, a partir das 20 horas e con entrada totalmente de balde, a música collerá o relevo á historia da man do II Festival Casto Sampedro, en memoria do folclorista e investigador de arqueoloxía, nado en Redondela. No festival, organizado polo Concello e o Carballo das Cen Polas, participarán os grupos Os fillos da Pile e O Carballo das Cen Polas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará