Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR faise co derbi redondelán

SARderbi

Primeira Nacional

SAR Plastic Omnium 32-22 Rodosa Chapela

Primeira vitoria da temporada para a SAR Plastic Omnium. O equipo redondelán foi superior ao Rodosa Chapela no derbi local de Primera Nacional. O partido estivo dominado polos locais, que marcaron o ritmo de xogo. Até o minuto 20 da primeira parte houbo igualdade no marcador, pero a partir de aí a SAR foi abrindo unha fenda con boas accións defensivas e acerto de cara a portaría. Os visitantes cometeron erros non forzados en ataque, que permitían rápidas contras e goles sinxelos da SAR. O derbi chegou ao descanso cunha vantaxe de 5 goles para a SAR (14-9). Na continuación esta diferenza foise ampliando para chegar ao asubío final cunha marxe de dez goles. (32-22). Inxección de moral para a SAR con esta primeira vitoria, mentres o Chapela arrastra un complicado comezo de temporada, con moitos cambios e importantes baixas con respecto ao ano pasado. Na próxima fin de semana a SAR enfrontarase ao Balonmán Luceros, de novo na Bomboneira, mentres que o Rodosa Chapela recibe ao Reconquista Vigo. Os dous partidos serán o sábado ás 18.30 horas.

División Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 19-34 Oviedo

A SAR Rodavigo recibiu a un dos aspirantes á zona alta da clasificación, equipo que conta todos os seus partidos por vitorias. As de Redondela mantiveron o ritmo de xogo até o 20 minuto da primeira parte, no que ían empatadas no marcador (7-7). A partir de aí as ovetenses comezaron a acelerar o ritmo e acumularon unha vantaxe de 6 goles (11-17). Na segunda parte o Oviedo xa non deu opcións á SAR e a distancia no marcador foi cada vez maior ata o 19-34 final. A semana que vén toca desprazamento a terras cántabras, para medirse ao Balonmán Camargo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará