O individuo, de 43 anos de idade e veciño do Muro, ameazou á dependenta cunha pistola e levouse un botín de 300 euros e algunhas caixas de tabaco.
A Policía busca o individuo que o pasado xoves ás 19:30 horas perpetrou un roubo a man armada no estanco situado na rúa Pai Crespo. O ladrón accedeu ao estanco coa pistola na man e intimidou a dependenta ao berro de “dame el dinero que esto es un atraco”. Unha vez se fixo cos 300 euros que había na caixa rexistradora e algunha caixas de tabaco botou a correr en dirección a zona do Salgueiral.
Alertada a Policía Local, os axentes dirixíronse cara a zona pero xa non o localizaron. O home, un vello coñecido da policía ao contar con varios antecedentes, atópase nestes momentos en paradoiro descoñecido. Ao estar identificado confían en que sexa cuestión de tempo a súa detención.