Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tanxarina estrea espectáculo en Redondela: A Cazola de Lola

tanxarina

A compañía redondelá elixe unha vez máis a súa casa para estrear unha obra que naceu durante a pandemia e na que quixeron abordar o tema das diferenzas e a discapacidade dun xeito asequible aos máis pequenos. A Cazola de Lola poderá verse o sábado 23 en dous pases, ás 17:00 e as 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. As entradas xa están a venda a un prezo de 3 euros.

Baseado no conto El Cazo de Lorenzo de Isabelle Carrier, a compañía Tanxarina deulle unha volta coa intención de que esta historia estivera protagonizada por unha moza. Explica Tatán que o obxectivo cando se formularon levar a escena este conto era dobre: falarlle aos máis cativos da diversidade funcional e abordar tamén o tema da muller. Nacía así A Cazola de Lola, un conto metafórico para falarlle das diferenzas aos máis pequenos.

Un espectáculo moi visual, case sen palabras e baixo a dirección unha vez máis de Candido Pazó, quen ten acompañado a compañía redondelá nos últimos anos. Miguel Borines, Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán” e Andres Giráldez apostan novamente polo traballo actoral e os monicreques compartindo escenario coa estética habitual que chega da man de Pablo Pastor. Nesta ocasión acompañados tamén das actrices Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman da compañía A panadeira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará