Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As panaderías de Redondela súmanse á campaña de normalización “Nós Galego 365”

365

Unha campaña que nace dende o servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela co apoio da Asociación de Empresarios e que promove o uso do idioma galego durante os 365 días do ano. Para chamara a atención da cidadanía sobre o galego distribuiranse nos locais de venta de pan  un total de 25.000 sobres de pan e 2.000 bolsas de papel coa imaxe de Xela Arias, escritora homenaxeada este ano nas Letras Galegas e o lema “Nós Galego 365”.

Julia Alonso, Asociación de Empresarios

Unha campaña orientada fundamentalmente ao sector das panaderías e alimentación con venda de pan, un produto que como o galego consúmese os “365 días don ano”. Iso é precisamente o que se quere simbolizar con esta iniciativa, ao tempo que se quere destacar a singularidade que a etiquetaxe en galego lle outorga aos produtos da nosa terra como distintivo único e diferenciador dende a súa orixe. “Un valor dificilmente imitable que se pon en valor con este tipo de campañas” explicaba dende a Asociación de Empresarios, Julia Alonso .

Afondaba nesa idea a alcaldesa Digna Rivas “sabemos que o pan das nosas panaderías se fai con produtos da terra e de calidade, e nada mellor que botar man deste tipo de produto para promover tamén o noso idioma cada vez que o cliente leva unha desas barras para casa”.

Digna Rivas, alcaldesa

Unhas accións de dinamizacións que ano tras ano tentan chegar a diferentes ámbitos comerciais, centrándose nesta ocasión neses establecementos nos que o pan son un dos seus produtos principais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará