Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protesta para reclamar que se cubra unha praza de orientación no IES de Chapela

ies chapela

A Comunidade educativa do IES Chapela asegura sentirse ninguneada por parte da Xunta. Logo de máis dun mes dende que comenzaran as clases, continúa sen se cubrir a segunda praza de orientación coa que conta o centro desde o curso 19-20. O orientador a substituír, este ano en comisión de servizos, foi reclamado pola dirección do centro ante a Consellería de Educación sen que polo de agora teñan nin a máis mínima comunicación nin resposta por parte da administración educativa.

Explica o director do centro, Miguel Pérez, que malia ter reclamado que se cubra a praza dende que arrancou o curso, tanto vía telefónica como a través do correo, non teñen recibido resposta algunha por parte da Consellería de Educación.

Lembran a relevancia deste profesor nun centro que conta con 970 alumnas e alumnos, con ensinanzas de ESO-BACH-FP, quendas de diúrno e nocturno e ensino presencial e a distancia. O labor da Orientación no centro ten funcionado de xeito excelente durante estes cursos, sendo crucial na xestión emocional derivada da situación da pandemia, e indispensable para dar resposta ao principio de inclusión educativa nun centro que conta con máis de 100 alumnas e alumnos con necesidades específicas de apoio educativo e que ve minguada deste xeito a súa capacidade de atención á diversidade.

Papel fundamental do orientador

Critican que dende a Consellería de Educación se fale de educación emocional, de atención á diversidade, de orientación profesional e calidade educativa, mentres ignora a situación de centros coma o de Chapela “ao que nin sequera se digna a contestar nin a aceptar como interlocutor válido”.

A comunidade educativa, reunida hoxe fronte ao centro, reclamaba esta praza e non descartan adoptar novas medidas de presión no caso de que dende a Xunta se siga a ignorar esta petición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará