Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Meirande abre unha fiestra ao mundo cunha web moderna e interactiva

RandeWeb

O alumnado do Obradoiro de Emprego Redondela TIC 2020 foi o encargado de elaborar o portal museomeirande.org, dende o seu deseño ata os contidos gráficos e audiovisuais.

As instalacións do Museo Meirande acolleron a presentación da nova páxina web, museomeirande.org, que correu a cargo dos propios alumnos que elaboraron o portal. Un total de 8 mozas e mozas de entre 20 e 25 anos están detrás desta moderna web que está chamada a ser o escaparate do Meirande e a súa contorna. David, un dos alumnos, explicou que a páxina permite coñecer os lugares de interese próximos e conta cunha elaborada sección multimedia na que as e os visitantes poden descargar información en galego, castelán e inglés, ver audiovisuais sobre a Batalla de Rande e o museo, e acceder a contidos de audio e unha completa galería fotográfica.

David, un dos alumnos, explicou que a páxina permite coñecer os lugares de interese próximos

O portal foi elaborado no sistema de deseño adaptado, que permite perfecta visualización dende calquera dispositivo “sexa este ordenador de sobremesa, portátil, tablet ou smartphone”, como explicaba Laura.

A web adáptase a calquera dispositivo con conexión a internet, como sinalou Laura

O novo portal permite unha navegación sinxela e intuitiva, con contidos fáciles de localizar e menús claros nos que consultar a historia do museo, facer un seguimento detallado da Batalla de Rande ou xestionar visitas co persoal do Meirande. Todos os contidos foron elaborados polos alumnos do obradoiro de deseño web e multimedia. O seu profesor, José Riveiro, sinala que a creación da páxina “foi unha experiencia moi boa, tanto para os alumnos como para o propio museo”.

O profesor José Riveiro sinalou que a creación da páxina foi unha experiencia moi boa

O acto estivo presidido pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, ás que acompeñaron outros concelleiros, alumnado do obradoiro de emprego “Redondela TIC 2020”, así como profesores e responsables do programa. Rivas felicitou ás alumnas e alumnos “por un traballo excepcional que permite que o Meirande conte cun escaparate de luxo para divulgar non só o museo senón tamén toda a contorna e a historia de Redondela”. A presentación da web coincide co VIII acto de Conmemoración da Batalla de Rande, que se celebra esta fin de semana.

A alcaldesa Digna Rivas felicitou ás alumnas e alumnos “por un traballo excepcional”

Fernández-Tapias sinalou que a posta en marcha desta páxina web é “o mellor exemplo dos bos resultados que ofrecen os obradoiros de emprego” e destacou tamén o seu alto nivel de inserción laboral “superando o 60% na maioría das especialidades”.

A delegada da Xunta, Marta Fernández-Tapias, salientou os bos resultados dos obradoiros de emprego

Concretamente na edición actual do Redempreg@ fórmanse 16 mozos, 8 deles en deseño web e multimedia e outros 8 en carpintaría e vernizado. A delegada da Xunta recordou que o goberno galego destina este ano un orzamento de 4,8 millóns de euros ao financiamento de obradoiros duais de emprego en 11 concellos da área metropolitana “grazas á colaboración entre as administracións locais e autonómica”.

O alumnado presentou a web xunto a Rivas, Fernández-Tapias, membros da coporación e responsables do programa
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará