Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Biblioteca de Chapela premio á innovación polo proxecto en torno a Xela Arias

biblio chapela

Un proxecto das bibliotecas municipais no que participou activamente a Radio Municipal de Redondela co programa “Xela a diario”, que permitiu aos oíntes achegarse a figura e obra da escritora a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. A Xunta recoñece con este galardón os proxectos ou boas prácticas innovadoras que beneficien aos usuarios e sexan axeitadas ao seu contexto local. Está dotado con 3.000 euros.

A responsable da biblioteca de Chapela, Mª José Villar, amosaba a súa satisfacción por un premio que recoñece o esforzo realizado á hora de dar a coñecer a autora que da nome a esta biblioteca. Un esforzo dobre ao ter que botar man de medios alternativos aos habituais por tratarse dun proxecto desenvolvido en pandemia. Por ese motivo, o traballo realizado xunto con esta emisora municipal que permitiu dar a coñecer a Xela Arias a través das ondas foi fundamental.

Ao longo de varias semanas e baixo a dirección da narradora e dinamizadora cultural Ana Facchini, desenvolveuse unha homenaxe radiofónica que recollía unha breve contextualización sobre a vida e obra da escritora e a lectura dos seus poemas. O obxectivo desta iniciativa era dar a coñecer ao público en xeral tanto a produción poética como o resto da traxectoria profesional de Xela Arias; en especial, aquelas facetas máis descoñecidas, pero tamén ofrecer unha aproximación “á Xela muller e ao seu lado máis humano”.

Para completar esta iniciativa tamén se gravou un vídeo que foi fundamental para achegar ao alumnado dos centros educativos o perfil de Xela Arias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará